Los séniores de la UNED-A Coruña

martes, 14 de junio de 2016

O arqueólogo Tito Concheiro, pronunciará a lección de clausura na despedida de curso 2015/2016





Tito Concheiro

Ángel Concheiro Coello, tamén coñecido como Tito Concheiro, (Ordes 1966) é licenciado na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Na súa longa traxectoria profesional desenvolveu máis de 250 intervencións arqueolóxicas por toda Galicia, incluíndo controis de obra, sondaxes avaliativos e campañas de escavación en área.

É autor do libro Castro do Achadizo: cultura material, economía e subsistencia na Idade do Ferro, editado polo concello de Boiro, así como de numerosos artigos en revistas científicas sobre distintos aspectos da Idade do Ferro e o mundo dos gravados rupestres da Idade do Bronce, os seus dous principais campos de actuación.

No ámbito do castrexo dirixiu proxectos de escavación e conservación nalgúns dos xacementos máis senlleiros de Galicia: Castro do Achadizo (Boiro), Castros Pequeno e Grande do Neixón (Boiro), Alto da Cruz do castro (Cotobade) e Castro das Barreiras (Vimianzo). Dende o ano 2012 dirixe as intensas campañas anuais de escavación e restauración que se levan a cabo anualmente no Castro de Baroña (Porto do Son), un dos máis coñecidos e visitados de Galicia.
Tito Concheiro
Foi durante varios anos arqueólogo da Deputación provincial da Coruña, onde coordinou, entre outros traballos, o Plan Provincial de Recuperación da Arquitectura Popular. Actualmente é director técnico da empresa Arquestudio S.L., dedicada á intervención e xestión do Patrimonio Cultural.

----------------------------{}---------------------------

Información do acto de clausura aquí.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario