Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 7 de julio de 2014

Lembranzas-Recuerdos. "Me esperaba una vida dura, de mucho trabajo", palabras del alumno sénior Emilio Vidal


Alumno sénior: Emilio Vidal




"O meu nome é Emilio Vidal González, un humilde agricultor nacido no Concello de Aranga, concretamente nunha pequena aldea chamada O Couce na parroquia de Cambás.

Cando eu nacín, acolá polo ano 1942, non estábamos nos mellores anos do franquismo, era época de miserias que os da miña edade recordamos aínda hoxe. Como quen di nacín xa traballando. Fun á escola aproximadamente ata os 12 anos aprender o básico. Cando chegaba da escola comía algo e xa me poñía a traballar, iba ós toxos para estrar as cuadras dos animais, coas vacas para o monte ou collía o arado e as vacas e alá me iba arar as terras.

Como éramos sete irmáns todos tiñamos que colaborar e buscarnos a vida para poder comer, por iso con dezaseis anos empecei a traballar de canteiro e aínda que non me gustaba moito polo menos ganaba algo. Logo con dezaoito anos fixen o servicio militar en Ferrol, e inmediatamente ao acabar fun un deses tantos galegos emigrantes, galegos con morriña dispostos a deixar a terra en busca dunha vida mellor. Estiven dous anos en Suiza traballando nunha fábrica de vidro.

Á volta caseime e quedeime na casa con meus papás a traballar definitivo na agricultura. Esperábame unha vida dura, de moito traballo e chea de disgustos; pensando que iba a ser peor, porque hoxe en día fan as máquinas todo, cando antes éramosnos os que facíamos traballos duros como cavar os montes ou moitas outras cousas."

No hay comentarios:

Publicar un comentario