Los séniores de la UNED-A Coruña

viernes, 8 de mayo de 2015

Lembranzas-Recuerdos. Secundino López





Dos comezos da parroquia de Momán

"Teño oído ó meu avó, que o contara outro veciño máis vello, de como comezou a parroquia de Momán.
Empezou con 6 casas e chegou a 12, segundo conta un libro que hai na Biblioteca de Santiago, e figura como o lugar máis antiguo; Poupariña y Otro. Alí era a primeira igrexa, a Capilla de Acibeiro, hoxe en día non queda nada en pé, tampouco se sabe o ano de construcción, aínda que no archivo da igrexa parroquial hai documentos onde constan que posiblemente fose feita no ano 1600. Posiblemente estivese inscrito nunha pedra que había no Campo da Feira, na casa de Ricardo.


San Mamede de Momán
A pedra estaba escrita, pero un cura de aquí, Don Alfonso Pampín non chegou a saber que era o que poñía. Agora esa pedra desapareceu.
Cóntase que facían a procesión desde o lugar de Ácibeiro ata a casa de CasBouza cerca de onde está hoxe a igrexa parroquial, de San Mamede de Momán. Debe de haber uns tres quilómetros de distancia.
Durante un largo periodo de tempo, de noite aparecía o Santo no lugar onde está hoxe a igrexa. Eso era porque a algún lle interesaba ter alá a igrexa e recurría a esa estratexia para facer coma se fose un milagro. Ó final fíxose ahí a igrexa porque Acebeiro estaba moi lonxe e queríana traer cerca de onde vivían todos os veciños, por eso recurriron a ese “milagre”.
Os santos que había eran moi antigos e non se conserva ningún porque vendeunos o cura, incluso a Cruz parroquial, que era fea pero de moito valor.
San Bartolomeu tiña o demo preso por unhas cadeas e estaba de pés enriba del e tiña un coitelo moi grande. San Mamede tiña a roupa corta, á altura do xeonllo, e a Virxe dos Dolores un corazón moi grande con sete espadas.
Imagen: Pixabay
Os de agora son a imitación dos antigos pero moito máis airosos e modernos.
As procesións facíanse descalzos e de rodillas para que se cumpliran as promesas. Calquera domingo do ano os parroquianos levaban ofrendas en forma de productos da casa: queixo, lacón, uñas, ovos, pitas, conexos... era unha ofrenda ós animais.
Ó final da misa o sacristán facía as poxas: poñíase un precio de salida e íbase subindo ata que chegaba un momento que o precio máis alto levaba a peza, os cartos recaudados ían para o peto do cura…algunhas veces, cando lle interesa."


No hay comentarios:

Publicar un comentario