Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 16 de mayo de 2016

"La vida de antes" por Sara Calvo




"Recordo que a escola estaba nunha casa particular. Era únicamente de nenas. A mestra chamábase dona Manuela Marcote.
Había que ler os libros de Rayas, primeiro, segundo e terceiro. Na casa a miña nai ensinábame a ler nun manuscrito chamado A Guía que falaba de cartas, escritas por varios escritores con letras todas distintas.

A escola estaba nun primeiro piso e había que pedir permiso para entrar dicindo "¿Se puede?" Eu non me atrevía e esperaba que chegaran outras nenas para que pediran elas. 

Cando nos levaban a escola dos nenos, íamos en filas de tres en tres cantando. Gustábame ler e escribir, pero as contas non me gustaban. 
As pequenas aproveitábamos os bocados de pizarra que lles rompían as nenas maiores. A repartidora dáballe o peor bocado a nena que lle caía mal. Despois cambiei de edificio escolar e tiven outra mestra que se chamaba dona Ángela Pillado.  
Fun a escola ata ós catorce anos. Cheguei á última enciclopedia"


Programa UNED Sénior A Coruña
Alumna: Sara Calvo


No hay comentarios:

Publicar un comentario