Los séniores de la UNED-A Coruña

viernes, 29 de mayo de 2015









"Hoy con la UNED Sénior tuvimos programada una visita a la planta de elaboración y transformación de productos lácteos de Leche Río y a los depósitos de coches antiguos de la Fundación Jorge Jove, que se encuentran en el Polígono Industrial de Sabón en Arteixo.

Como siempre iniciamos la jornada con un almuerzo de confraternidad en La Gurita de Paderne, lugar en el que nos encontramos como en casa y para nuestra alegría nos acompañó nuestro coordinador Luis Rodriguez Patiño, al que mucho queremos y es el artífice de estas clases.
Imagen del grupo sénior finalizada la vista a la Central Lechera

Una vez en la planta de la antigua Leyma, adquirida en el 2014 por Leche Río, que manifestó "nuestro propósito es comercializar productos lácteos frescos de calidad que contribuyan a evitar la obesidad infantil", pero el claro motivo es obtener beneficios ya facturaba 2.500.000€ anuales, pero otro era elevar la calidad de los productos, pues en una estadística de 39 marcas ocupaba los últimos puestos. Leyma fue fundada en el 2005 y llegó a contar con 170 empleados, en la actualidad son 40.

Comenzamos al revés, visitando la planta de envasado de leche fresca, donde llamó muchísimo la atención ver el envase de plástico de unos 12 cm. transformarse mediante calor y agua caliente en los conocidos envases de unos 30 cm. Se envasan 90.000 litros diarios; la pasteurización es a 90º y su fecha de consumo tiene un limite de 10 días. Una cadena de trabajo lleva las botellas a unas bocas que las llenan; pasan a otra que les coloca la tapa; otra que da el cierre hermético a éstas; otra que le coloca las etiquetas y por último le colocan un envoltorio de plástico cada seis botellas y las apila en un palet; a su vez será envuelto con otra bolsa de plástico para su traslado a los centros comerciales. Todo controlado por un empleado.

Luego pasamos a otra nave más grande, donde se elaboran los batidos de cacao, fresa y vainilla, una vez a la semana y a su lado se envasan las botellas de leche de larga duración, de 3 a 4 meses. Utilizan aditivos alimentarios que actúan como conservantes; llevan un envase especial de color blanco para evitar la luz y tiene una pasteurización de 140º. También se realizan los envasados de leche sin lactosa y de nata. 
Frente a esta cadena de operación se encuentran los laboratorios de la empresa.

Por último salimos al exterior donde dos camiones hacían la descarga a los depósitos y pudimos ver los inmensos tanques de almacenamiento que suministran 500.000 litros diarios para su proceso. 
Durante la visita a la Fundación Jove


A continuación nos dirigimos a la naves de la Constructora Jove, a pocos metros de la anterior y donde se encuentra los coches antiguos de la Fundación Jorge Jove.
En primer lugar entramos en una nave donde se encuentran alojados los coches adquiridos en unas condiciones deplorables. Vimos algunos en proceso de rehabilitación; estamos hablando de más de 50 y posteriormente a donde se encuentran los aproximadamente 340 coches rehabilitados, motos y hasta un transporte militar.

Nosotros ya habíamos tenido el aperitivo viendo unos 15 vehículos en una anterior excursión al Centro Comercial los Rosales, pero esto es una maravilla, están divididos por marcas, por los distintos modelos y hay por nombrar algunas Seat; Ferrari; Citröen; Jaguar; Mercedes; Rolls Royce; Chevrolet; Buick; Hispano Suiza; Pegaso; Barreiros; Rosengart.

Indudablemente que no es época de hacer un museo, como el acordado con el Sr. Losada  antes alcalde de A Coruña y refrendado por su sucesor el Sr. Negreira, y menos utilizando un espacio verde; pero estás maravillas deben ser ubicadas en un lugar más amplio y con un detalle técnico e histórico de cada uno.

El propietario de este tesoro dijo “será tremendamente beneficioso para la ciudad” y de ésto no me cabe ninguna duda, asegura Ángel Jove González, hijo del promotor y encargado de darle forma al proyecto familiar, en el que sostiene, la Fundación Jorge Jove invertirá entre 25 y 30 millones de euros. Esta entidad registrada como sin ánimo de lucro, fue creada por Jove Capellán en septiembre de 2008 para constituir el Museo Jorge Jove de vehículos antiguos, en homenaje a uno de sus hijos, fallecido a finales de los noventa, y promover, según sus estatutos, actividades como la investigación sobre la historia de la automoción, restauración de coches y formación profesional en el sector.

Ojalá tenga éxito esta idea y por último quiero agradecer a la UNED Sénior las posibilidades que nos da de conocer lugares tan interesantes, que indudablemente por gestión personal, seria imposible de lograr".


          

viernes, 22 de mayo de 2015

#LetrasGalegas2015 #UNEDSénior - Por Mercedes Cachaza



CONSTRUÍNDO GALICIA 

 


"Tódalas persoas que ó longo dos tempos vivimos e traballamos en Galicia fomos, pouco a pouco, construíndo a Galicia que temos hoxe en día. Unhas persoas fan traballos físicos, outras traballos sociais, outras traballos culturais, outras traballos científicos, outras traballos literarios, outras enchen os mosteiros de vida contemplativa, outras…Todas colaboramos, dun xeito ou doutro para o sostemento e engrandecemento do noso país.
Unhas destacan en colectivos como labregos; que producen a mellor carne e o mellor leite de España e compárteos cos restantes colectivos. Outros como mariñeiros que sacan das augas mariñas os mellores peixes e os mellores mariscos. Outros traballan no colectivo do textil, que neste momento vai á cabeza de España.



Mercedes Cachaza, alumna sénior


Pero… ¿Qué sería de Galicia se non houbera persoas que se dedicaran ó traballo intelectual? ¿Que sería de Galicia se non tivera científicos e investigadores? ¿Qué sería de Galicia se non tivera escritores de renome universal? 


É ben doado deducir que seríamos un país traballador, pero non só de pan vive o home; tamén precisa alimento intelectual e espiritual. Un país con identidade propia como é Galicia ten a súa lingua propia, ademais da do país no que está políticamente inmersa: España.

Todos sabemos que a lingua común a tódolos españois é a lingua de Castela, pero tamén sabemos que Castela non é Galicia; que existen moitas diferencias entre ámbalas dúas; entre elas a lingua. Por eso é de suma importancia renderlle homenaxe a todas aquelas persoas que fixeron canto puideron por cultivar a lingua na que expresamos diariamente o máis íntimo e tenro da nosa existencia e tamén a nosa xenreira cando cómpre.

Houbo no século XIX una muller que destacou de xeito moi salientable: foi a nosa Rosalía de Castro que publico "Cantares Gallegos" o día 17 de maio do ano 1863. Desde entonces a nosa lingua pasou a ser recoñecida internacionalmente e son moitas a persoas que escriben prosa, lírica ou teatro nesta lingua tan fermosa.

E desde o nacemento do Estatuto de Autonomía de Galicia, a lingua galega pasou a ser cooficial co castelán. É dicir: “Tanto monta, monta tanto”, como dicían os Reis Católicos Sabela e Fernando. E úsase na escola, na universidade, na notaría, na prensa, na radio, na televisión, na hostelería e onde faga falta.

Unha desas persoas que colaborou a encumia-la nosa lingua e que homenaxeamos este ano é Xosé Fernando Filgueira Valverde, un pontevedrés de renome universal que traballou na fundación do "Seminario de Estudos Galegos" e no Museo de Pontevedra que tivemos ocasión de visitar co noso Profesor Felipe Senén López. No Consello da Cultura Galega e na Real Academia Galega da Lingua. Que defendeu o uso da lingua galega no ensino, foi alcalde de Pontevedra, e outros moitos labores que constribuiron a cultivar todo o relacionado coa esencia galega. Persoas como el, son as que dan a coñecer a cultura galega a nivel universal, grazas ás cales se sabe que existimos e que somos un pobo con identidade propia.



Felipe Senén


O alumnado da UNED Sénior de Xestoso celebra esta festa acompañado polo seu coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño e os seus delegados Amelia Fornos Soto e Antonio Currás; e séntese orgulloso de que a lingua dos nosos devanceiros e nosa propia sexa recoñecida e valorada no mundo enteiro.

¿Soñarían con este prestixio o nosos avós, bisavós e tataravós? Estamos seguros que non se decataron de que foron xustamente eles, os que a conservaron ó longo dos tres "Séculos Escuros" que Celso Emilio Ferreiro chama: “Longa noite de pedra”. Por eso é importante que a empreguemos pola mañá, a mediodía e á noite, tanto na casa como no supermercado ou no médico, tanto na vida laboral como na de ocio, dentro e fóra de Galicia, porque donde queira que vaia un galego, sempre leva consigo a lingua nai. 


Tamén aproveitamos para reinvindicar ante as autoridades relixioxas da Igrexa Católica -á que pertencemos a maioría de nós- que a nosa lingua sexa usada nos actos de culto porque Deus non fai distincións entre razas, nin cores nin -por suposto- linguas. Xa vai sendo hora de que a Igrexa Católica desperte do seu prolongado letargo se quere ser fiel ó seu Fundador. 


Desde estas liñas manifestamos o noso profundo agradecemento a cantas persoas defenden a cultura e a lingua galegas, que para nós son sagradas". 



Alumna sénior: Mercedes Cachaza Platas. 


jueves, 21 de mayo de 2015

#LetrasGalegas2015 #UnedSénior. Por Lourdes Pérez Freire











"Un ano máis, xuntámonos os alumnos e alumnas da Uned Sénior de Xestoso para celebrar o Día das Letras Galegas. A primeira vez que se celebrou esta festa foi o 17 de maio de 1.963, para conmemorar o centenario da publicación do libro “Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro. A partir desa data, vense celebrando todos os anos. Cada vez dedicado a un escritor ou escritora da nosa literatura que xa falecera. Está claro que algúns tiveron máis sorte ca outros, pois, por exemplo, a Ricardo Carballo Calero aínda non lle tocou, e xa hai ben anos do seu pasamento.

Xosé Filgueira Valverde



Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a Xosé Filgueira Valverde, historiador, antropólogo, escritor polígrafo. Foi cofundador e director do Museo de Pontevedra, do Instituto Padre Sarmiento, do Seminario de Estudos Galegos, etc. Foi profesor de ensino medio. Formou parte da Real Academia Galega e da Academia da Historia. Participou activamente na política, sendo, entre outras cousas, alcalde de Pontevedra. Amosou sempre, ao longo da súa vida, unha gran preocupación pola lingua e a cultura galega, sempre desde unha postura moderada e conservadora. Pero, hai autores que consideran que a súa traxectoria persoal amosa luces e sombras. Quizais pola súa participación activa na vida pública, mesmo na política, durante a ditadura. Veñen de publicarse uns poemas ensalzando ao franquismo, que parece que son da súa autoría. 


Con independencia do autor ou autora ao que se lle dedique o Día das Letras Galegas, a nosa reflexión sempre é a mesma. A lingua galega está en claro retroceso, e non é tanto porque a xente de sempre deixe de utilizala, senón porque ás novas xeracións non se lles inculcou a importancia e necesidade de utilizala e sentila como propia. A Xunta de Galicia retirou a dotación económica dedicada aos Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino. Prohibiuse impartir docencia de algunhas materias en galego, como se a nosa lingua non fose útil e apropiada para acceder ao coñecemento científico. Incrementouse o estudo de linguas estranxeiras en detrimento do galego. Deixou de utilizarse publicamente por moitas das persoas encargadas de representarnos nas institucións. Cando deberían de dar exemplo. As linguas minorizadas deben de experimentar unha descriminación positiva, para evitar a súa desaparición.


Os galegos e as galegas temos un xeito de ser e de vivir no mundo debido a nosa lingua e cultura. E, claro que temos que coñecer outras linguas, cantas máis mellor, e acceder á cultura universal, pero, sempre a través da propia. Se non o facemos así, non seremos ninguén. Simplemente, árbores sen raíces. 


Lingüístas de todo o mundo afirman que cantas máis linguas domina unha persoa máis doado lle é aprender outras novas. Os nenos e nenas de países bilingües teñen máis facilidade para aprender linguas estranxeiras que os de zonas monolingües. Isto está demostrado cientificamente.


Finalmente, reivindicamos, desde aquí, o dereito a vivir e exercer a nosa cidadanía en galego, na lingua propia de Galicia. E queremos que as autoridades que nos representan cumpran co seu deber de divulgar, apoiar e promocionar a lingua galega, como vehículo principal de comunicación entre os habitantes de Galicia, e como forma de manifestar a nosa idiosincrasia e xeito de ser e vivir no mundo. Ninguén saberá apreciar o dos demais senón valora o propio. É a través da nosa lingua e cultura como temos que acceder á cultura universal, pasando así a formar parte solidariamente do gran grupo de cidadáns do Planeta."



Alumna: Mª Lourdes Pérez Freire. UNED Sénior A Coruña




martes, 19 de mayo de 2015

Atravesando el mapa









"Os alumnos e alumnas da Uned Sénior de Xestoso, xunto cos nosos delegados Amelia Fornos e Antonio Currás, fixemos unha viaxe a Benidorm. Saímos de madrugada, o día dez de maio. O autobús da empresa Pita foinos recollendo nas distintas paradas. Xente procedente de Momán, Xestoso, Cambás, Paderne, Ferrol, mesmo de Compostela, de onde saíron, pouco pasada a media noite, Leonor e Zoilo, dúas persoas admirables, en idade e dignidade.

Deixamos Galicia amencendo. Logo, o Bierzo, de Castela León, con matices galegos. Seguimos cara a meseta, aínda sonolentos. Os primeiros raios da mañá reflíctense nos trigais verdes. O autobús vai rodando, dirixido por ese chófer marabilloso que é Víctor Pita. Un home moi calado. As palabras xustas, pero sempre acertadas e sensatas. Sen decatarnos, xa pasamos Madrid. Alí quedou, á esquerda, a capital. Comemos en Tarancón, provincia de Cuenca.

Logo, Motilla do Palancar, as terras vermellas de Castela a Mancha. Os trigais, anque aínda verdes, xa con matices amarelentos. Campos de amapolas. Almansa, na provincia de Albacete, co seu castelo. A continuación, Villena. Xa estamos na provincia de Alicante. Viñedos con rego por goteo. Algúns protexidos con rede. Amendoeiras, oliveiras. Agora, laranxeiras, nispareiros, lucindo apetitosos froitos. Alicante á dereita, co castelo de Santa Bárbara vixiante, alí, arriba. Xa vemos o Mediterráneo. Doce horas sen mar e xa o botamos de menos. Chegamos cansos a Benidorm, pero moi contentos. 
Torre Lúgano


Día once, libre. O día doce, acompañados por Mirta, unha guía, dirixímonos a Elche. Durante o recorrido, foinos explicando moitos aspectos da cidade de Benidorm, como que ten a súa orixe nun pequeno pobo de pescadores, e que foi aupada ao turismo na época do franquismo, cando se empezaron a construír a maioría das torres que hoxe existen. Que, por certo, as máis altas son o edificio Intempo, o último en construírse, o hotel Bali e a torre Lúgano. O primeiro é o rañaceos máis alto de España e un dos máis altos de Europa. Actualmente, Benidorm ten uns setenta e tres mil habitantes, dos cales uns doce mil son estranxeiros residentes e que pertencen a cento vinte e dúas nacionalidades distintas. No verán, esta cifra aumenta. 
Chegando a Elche, Mirta explicounos que esta cidade é dúas veces Patrimonio da Humanidade. Unha polo seu palmeral, único en Europa, e outra Patrimonio Inmaterial, pola festa do seu Misterio, que se celebra os días catorce e quince de agosto, na igrexa de Santa María, onde se recrea a Asunción da Virxe ao ceo.

Paseamos polo palmeral e visitamos a igrexa, escoitando atentamente as explicacións da guía, entre outras cousas, sobre a Palmeira Imperial, en forma de candelabro, que se atopa no Horto do Cura. Desgraciadamente, un insecto, o picudo vermello, está afectando seriamente ás palmeiras. 

  
Pola tarde, visitamos Guadalest, acompañados por Vicente, outro guía, que nos foi explicando cada detalle da paisaxe e da historia destes pobos. Guadalest é un pobo situado nun val, rodeado polas serras de Aitana e la Xordá. As augas do río Guadalest están recollidas nun embalse do mesmo nome. Este é un pobo pequeno, eminentemente turístico, cun castelo na parte alta, que domina todo o val. Recorrémolo dando un paseo. Varias persoas visitaron o museo de miniaturas de Antonio Marco. Outras entraron nun pequeno museo etnográfico, pero que contén obxectos e escenas moi interesantes, como unha almazara, un muíño hidráulico, a típica cociña da casa de campo alicantina, etc. 


Despois, visitamos Polop de la Marina, famosa, entre outras cousas, pola súa fonte, con cento vinte e dous canos de auga. Tamén, aquí, visitaron un belén de Antonio Marco. Ao día seguinte, acompañados de novo por Vicente, visitamos a cidade de Alicante. Subimos ao castelo de Santa Bárbara, desde onde se divisa unha ampla vista da cidade. Entramos no museo de Fogueres, moi semellante ao museo do Ninot de Valencia, onde se exhiben as diferentes esculturas indultadas, que se libraron da queima cada noite de San Xoán. Visitamos o concello, un edificio de estilo barroco valenciano, moi interesante. Logo, a concatedral. Paseamos polas Ramblas e o paseo das Palmeiras.

Pola tarde, fixemos unha panorámica por Benidorm, especialmente a zona de levante. Subimos pola pendente, bordeando a torre Lúgano, a terceira en altura. E poidemos contemplar unha interesante perspectiva da cidade, coas praias de levante e poniente, as diferentes torres debuxadas no ceo, e o pico Campana dándolle abrigo, e axudando a crear ese microclima que tanto atrae aos turistas a Benidorm, especialmente aos estranxeiros. Seguimos bordeando a costa, e pasamos por El Albir, Altea. Os criadeiros de lubinas e doradas, no mar, tamén os portos deportivos, claro. Sempre en detrimento dos pesqueiros. O meridiano de Greenwich pasa por ese lugar. Os túneles do Mascarat separan a Marina Alta da Marina Baixa. As salinas de Calpe. O porto pesqueiro. Estivemos vendo como descargaban caixas de pulpo e as introducían na lonxa. O peñón de Ifach, o parque natural máis pequeno da península Ibérica. Todas as urbanizacións e casas que poblan as ladeiras das montañas (na costa, hai máis edificios altos de apartamentos e hoteis), a maioría das pequenas construcións, xa sexan de agricultores ou de turistas, imitan aos antigos “riurraus”, casas porticadas, con varios arcos, onde, antigamente, secaban as uvas pasas. Ao pasar, fixámonos nunha igrexa ortodoxa rusa, dedicada ao arcanxo San Gabriel, construída por un magnate ruso, con cinco cúpulas de ouro, imitando ao estilo bizantino, aos pes de Altea Hills, unha montaña convertida en auténtica cascada de urbanizacións de luxo. Ao longo da costa, algún resto de atalaia defensiva, para vixiar, noutros tempos, a entrada de ataques corsarios. 



O xoves, pola tarde, visitamos a fábrica de chocolates Valor. Despois da visita ás instalacións, degustación e compra. Foi unha xornada doce e interesante. O venres, día libre. Algúns visitamos Denia, utilizando o tren metropolitano. A paisaxe costeira durante o recorrido, as froitas e verduras no seu mercado central, unha delicia. Outras persoas foron no catamarán ata a illa de Benidorm. A paisaxe do fondo mariño, a perspectiva da cidade dende o mar. Todo moi interesante.

Hoxe, sábado, regresamos. Moi contentos e satisfeitos destes días que pasamos xuntos en Benidorm, que, aínda que pareza un lugar pensado para o turismo de masas, ten o seu encanto, e pódese disfrutar moito da súa visita e arredores. Soamente algo entristeceu moito a nosa viaxe, e foi a noticia do falecemento do noso compañeiro Víctor Corral. Con aproximadamente sete anos, foi coa súa familia da capela a Momán, onde residiu o resto da súa vida. Sendo un rapazote, un pistón, resto da guerra civil, rebentoulle nas mans, amputándolle varios dedos. Pero, isto non lle impediu exercer a profesión de mecánico con moita dignidade. Ultimamente, padecía unha enfermidade dexenerativa, que lle condicionaba bastante a vida. Isto incrementou a solidariedade dos seus veciños e compañeiros da Uned Sénior cara a el.

VAIA PARA TI O NOSO AFECTO E HOMENAXE, VÍCTOR. DESCANSA EN PAZ.

Finalmente, gracias a Víctor Pita, o noso chófer, a Amelia Fornos e a Antonio Currás, os nosos delegados. E tamén á Uned Sénior de Xestoso, dirixida polo noso coordinador Luís Ángel Rodríguez Patiño, pola organización desta viaxe, que tanto disfrutamos. Saúde a todos!"


Crónica de un alumno del progrma sénior UNED A Coruña





martes, 12 de mayo de 2015

Cultura e identidad. Felipe Senén


Recuperamos un vídeo donde del profesor del Programa Sénior UNED A Coruña, Felipe Senén, reflexiona en torno a la Cultura e identidad.


viernes, 8 de mayo de 2015

Lembranzas-Recuerdos. Secundino López





Dos comezos da parroquia de Momán

"Teño oído ó meu avó, que o contara outro veciño máis vello, de como comezou a parroquia de Momán.
Empezou con 6 casas e chegou a 12, segundo conta un libro que hai na Biblioteca de Santiago, e figura como o lugar máis antiguo; Poupariña y Otro. Alí era a primeira igrexa, a Capilla de Acibeiro, hoxe en día non queda nada en pé, tampouco se sabe o ano de construcción, aínda que no archivo da igrexa parroquial hai documentos onde constan que posiblemente fose feita no ano 1600. Posiblemente estivese inscrito nunha pedra que había no Campo da Feira, na casa de Ricardo.


San Mamede de Momán
A pedra estaba escrita, pero un cura de aquí, Don Alfonso Pampín non chegou a saber que era o que poñía. Agora esa pedra desapareceu.
Cóntase que facían a procesión desde o lugar de Ácibeiro ata a casa de CasBouza cerca de onde está hoxe a igrexa parroquial, de San Mamede de Momán. Debe de haber uns tres quilómetros de distancia.
Durante un largo periodo de tempo, de noite aparecía o Santo no lugar onde está hoxe a igrexa. Eso era porque a algún lle interesaba ter alá a igrexa e recurría a esa estratexia para facer coma se fose un milagro. Ó final fíxose ahí a igrexa porque Acebeiro estaba moi lonxe e queríana traer cerca de onde vivían todos os veciños, por eso recurriron a ese “milagre”.
Os santos que había eran moi antigos e non se conserva ningún porque vendeunos o cura, incluso a Cruz parroquial, que era fea pero de moito valor.
San Bartolomeu tiña o demo preso por unhas cadeas e estaba de pés enriba del e tiña un coitelo moi grande. San Mamede tiña a roupa corta, á altura do xeonllo, e a Virxe dos Dolores un corazón moi grande con sete espadas.
Imagen: Pixabay
Os de agora son a imitación dos antigos pero moito máis airosos e modernos.
As procesións facíanse descalzos e de rodillas para que se cumpliran as promesas. Calquera domingo do ano os parroquianos levaban ofrendas en forma de productos da casa: queixo, lacón, uñas, ovos, pitas, conexos... era unha ofrenda ós animais.
Ó final da misa o sacristán facía as poxas: poñíase un precio de salida e íbase subindo ata que chegaba un momento que o precio máis alto levaba a peza, os cartos recaudados ían para o peto do cura…algunhas veces, cando lle interesa."


jueves, 7 de mayo de 2015

Picasso vs Isidoro Brocos




Con motivo de la exposición activa de "Picasso y su maestro en A Coruña, Isidoro Brocos" en la Fundación Abanca, los alumnos sénior de esta universidad se trasladaron hasta las instalaciones de esta Fundación, ubicadas en la ciudad herculina.

"Hoy cinco de mayo, luego de nuestro almuerzo de confraternidad con la UNED Sénior y junto a nuestro profesor Felipe Senén, nos dirigimos a la ciudad de A Coruña, para visitar la exposición "Picasso y su maestro en A Coruña Isidoro Brocos" en La Fundación ABANCA Obra Social.

Es indudable que para que surgiera un artista como Picasso, detrás tenía que haber un gran maestro, una significativa figura que influyó y guió sus años de formación. Claro que también tuvo la fortuna de contar con un padre al que se le daba bien la pintura. Como nos dice siempre nuestro profesor: "es importante analizar el continente". El edificio conocido como "La ola de cristal" pues tiene una fachada de cristal retroiluminada y estructura metálica, es obra del arquitecto británico Nicholas Grimshaw, posee dos grandes ascensores con vistas a los Cantones. Es un centro sociocultural de 7.692 metros cuadrados, dispone de espacios equipados con la más alta tecnología para celebrar exposiciones, espectáculos, simposios, conferencias y un amplio abanico de actividades, también tiene cafetería propia."
Brocos, paradigma de modernidad de ideales y formas,  fue profesor en la Escuela Provincial de Bellas Artes de A Coruña, y se distingue por ser ejemplo tardío del realismo, artista académico y regionalista en el arte gallego representa.

Los elementos artísticos que componen la exposición, se organizan a partir de una selección de los fondos artísticos de la Colección de arte ABANCA (la más importante de Galicia y una de las más destacadas de España). Acompañada de una muestra de piezas cerámicas, dibujos y material documental.
El grupo sénior en la puerta principal de la Fundación Abanca

"El motivo que se hayan montado en A Coruña cinco exposiciones, tomando como base a Pablo Picasso es porque en febrero de 1895 realizó su primera exposición y se conmemora este año el 120 aniversario.

Pasamos a la figura de su maestro en A Coruña, Isidoro Brocos natural de Santiago de Compostela, fue profesor en la Escuela de Bellas Artes y durante los años 1891 a 1895 recibió su primera formación artística Pablo Picasso. El hermano de Brocos de nombre Modesto también fue un gran pintor. 
Pudimos apreciar dibujos de Brocos sobre estudios de academia, donde destacan desnudos con un gran realismo en distintas posiciones, con detalles de músculos y sombras; otras con personajes mitológicos, religiosos. Esculturas religiosas que mandó realizar Eusebio de la Guarda para donarlas a la Capilla de San Andrés, también construida por él con el objeto de que fuera su mausoleo y el de su señora, la cubana Modesta Goicouría.

Manuel Chamoso Lamas refiriéndose a la producción final de Brotos decía: "El apasionante quehacer de sus dibujos, que son por sí solo cada uno de ellos una obra de arte. En ellos podemos hallar toda la explicación y justificación de su creación escultórica, a la vez que la trayectoria de su evolución estética."

Obras de Brotos relacionadas con el regionalismo, con fiestas locales, bosques, costumbres; cumplen con el requisito de una pintura debe expresar algo. Se pintaba al natural con realismo. Destaca una figura de arcilla, donde una niña busca piojos en la espalda de una señora, colocando su mano por debajo del vestido, bella y perfecta. Acompañan cuadernos donde hacía bosquejos de sus obras o tomaba notas o detalles.
Arabella, s.d., Isidoro Brocos
Fuente: www.abanca.com

Dibujos de los inicios de Picasso y donde se aprecian cosas parecidas al maestro, como tambien dibujos de caricaturas, pájaros y obras de Picasso de la colección arte ABANCA y otras de la Fundación Camilo José Cela, con dedicatorias y firma del maestro, a su amigo y gran escritor.


Picasso siempre decía que las cosas no las buscaba las encontraba y es increíble su trayectoria y sus cambios, porque el arte cambia y como dice nuestro profesor "a veces para construir hay que destruir; o para dar un paso hay que dar un paso atrás, lo importante es no quedarse estático".

Una vez más agradecer a quienes nos permiten realizar semanalmente estás visitas, que nos hacen acrecentar conocimientos y el hombre necesita también para ser feliz."

Crónica de Alberto Balbona, alumno del Programa Sénior UNED A Coruña

Página web de la exposición.




martes, 5 de mayo de 2015

Himno de la UNED Sénior, alumnos de Xestoso




Lo cierto es que hablamos en muchas ocasiones de él. Himno de la UNED Sénior A Coruña, compuesto por ellos mismos e interpretado por alumnos de Xestoso. 

Como reza el refrán: "una imagen vale más que mil palabras" por eso os dejamos el vídeo de su presentación.