Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 23 de marzo de 2015

En tierras de Lugo


Los séniores de la UNED A Coruña visitaron tierras de Lugo. A continuación algunas imágenes de la visita histórico-cultural.




El profesor Felipe Senén durante las explicaciones

Senén en un momento de la clase

Imagen del grupo

miércoles, 18 de marzo de 2015

La Caixa aporta la cantidad de 3.000€ al Programa Sénior de la UNED A Coruña


Los integrantes del Programa Sénior UNED A Coruña, en particular los alumnos matriculados en este especial formato de educación universitaria en el rural, quieren manifestar el agradecimiento por la reciente y especial participación de La Caixa con la donación de 3.000€ al proyecto.
Esta entidad se ha sumado a actuales apoyos, de forma excepcional, con el propósito de fomentar y divulgar la educación superior en el rural, ámbito donde las dificultades físicas y geográficas no favorecen el acercamiento de este colectivo a las enseñanzas universitarias.

martes, 17 de marzo de 2015

Reflexiones de Lourdes Pérez en torno a la celebración con motivo del día de la Mujer




Lourdes Pérez
"Un ano máis, xuntámonos para celebrar o Día Internacional da Muller Taballadora. E eu quero compartir con vostedes uns datos para poder reflexionar, entre todos, sobre a situación laboral das mulleres no mundo.
O cincuenta e tres por cen da poboación do mundo son mulleres, e só posúen o un por cen da riqueza. A maioría dos mil cincocentos millóns de persoas que viven cun dolar ao día son mulleres. Atrapadas na pobreza, moitas mulleres carecen de acceso aos recursos e servizos para cambiar a súa situación.

Os efectos negativos da globalización da economía repercuten maiormente sobre as mulleres. A vinculación da economía aos mercados mundiais a miúdo dá lugar a unha redución do gasto público e dos programas sociais, trasladando o custe ás familias, onde adoitan ser as mulleres as que cargan coas consecuencias destes recortes.

Segundo a OCDE(Organización para a Cooperación e Desenrolo Económicos), a diferencia salarial entre homes e mulleres, nun traballo a tempo completo, é dun dezaseis por cento. E o traballo a tempo parcial é realizado maiormente por mulleres, para poder compatibilizar a vida familiar e laboral, e coa conseguinte retribución máis baixa. E moitos empresarios ás mulleres con fillos xa non as contratan.

Un dato moi significativo é que só un trinta por cen das empresas son propiedade de mulleres. E só un dez por cen dos postos nos consellos de administración está ocupado por mulleres.

E, canto vale o traballo doméstico? Cociñar, lavar, limpar, coidar os nenos, os anciáns, etc. Este traballo non é valorado polos economistas. Parece un traballo insignificante comparado co que se produce fóra do fogar, nas fábricas, nos hospitais, nos talleres, etc. Pois, a actividade no fogar ten un valor entre un vinte e un trinta por cen no PIB (Produto Interior Bruto). E o oitenta por cen das tarefas domésticas lévanas a cabo as mulleres. Amamantar a un bebé non conta no PIB. O traballo doméstico é un dos grandes determinantes da calidade de vida. E non é invisible, pero como se o fora, pois ninguén o recoñece nin o remunera. Mentres a muller está na casa, criando os fillos e facendo as tarefas domésticas, o marido está cotizando á Seguridade Social e promocionando laboralmente.

Necesítanse unha serie de políticas encamiñadas a que os pais e nais concilien a súa vida familiar e laboral de forma paritaria (os dous en igualdade), con licencias de maternidade e paternidade obrigatorias e remuneradas, e financiadas con fondos públicos. Nalgúns países nórdicos, a licencia para criar un bebé dura ata un ano. Esta é unha verdadeira forma de promocionar a natalidade.

Garderías públicas que cubran todas as prazas que se necesitan, residencias da terceira idade, atención e axuda á dependencia, etc., etc. Cuns servizos sociais de calidade para todos os que os necesiten. E, ademais, esta sería unha boa forma de crear bastantes postos de traballo, especialmente para as mulleres.

E, como se financia todo isto? Cunha política fiscal xusta e solidaria, onde paguen os que máis teñen. E cunha persecución implacable da corrupción e do fraude fiscal. En fin, onde a persoa sexa o centro e o obxectivo principal de preocupación dos poderes públicos, e non a macroeconomía, o déficit, a Troika ou os mercados".



Alumna: Mª Lourdes Pérez Freire
Paderne




miércoles, 11 de marzo de 2015

Jornada de celebración del Día Internacional de la Mujer




Jornada fijada para la celebración: 11 de marzo de 2015.
  • Lugar: Paderne.
  • Horario: 
  • De 10:00 a 13:00 horas. Ensayos y clases de música.
  • De 13:00 a 14:00 horas. Actuaciones.
  • De 15:30 a 17:30 horas. Lecturas y debate en torno al tema de la jornada.


Reflexiones de alumnos sobre la celebración de este día:


"O día da muller traballadora non ten que ser só o 8 de marzo, senón os 365 días do ano. Xa sabemos todos que, cando se lle dedica un día a algunha causa, é porque non está sendo tratada con xusticia". 


"Homes e mulleres, mulleres e homes... ¿Non somos todos persoas? ¿Concíbese unha humanidade onde non haxa persoas de ámbolos dous sexos? ¿E un home máis importante que unha muller ou unha muller máis importante que un home? ¿Non somos todos enxendrados da mesma maneira? ¿Non nacemos todos do mesmo xeito? ..."
  

                                                                 

miércoles, 4 de marzo de 2015

En tierras "do Cebreiro"




"No día de hoxe, tres de marzo, os alumnos e alumnas da Uned Sénior de A Coruña, Aula de Xestoso, acompañados polo noso profesor Felipe Senén López, fixemos unha viaxe ao Cebreiro, para visitar a capela de Santa María a Real e tamén o conxunto histórico que a rodea.

Seguindo a A6, e deixando os Ancares á esquerda, e á dereita a Torre de Doncos, que controlaba estes pasos (Gustavo Adolfo Bécquer escribiu unha lenda sobre este castelo), continuamos polo gran viaduto que percorre a serra, noutro tempo chea de soutos de castiñeiros, e que eran a base da economía dos habitantes destas terras, proporcionándolles madeira, castañas, etc. Atravesamos o río Navia, que nace nestes montes. Das terras de Doncos e de Becerreá proceden figuras moi interesantes da Transición, como os irmáns Rosón.
El profesor, Felipe Senén, durante la explicación
Á dereita, as terras do Cebreiro. Chegamos a Pedrafita, capital do Concello. E enfilamos a costa cara a parte alta da serra, divisando os camiños acodados, en zig-zag. E, alí, a 1.300 metros de altitude, no lugar máis soleado de Galicia, atópase o conxunto histórico de Santa María a Real do Cebreiro. É esta unha igrexa prerrománica, do século IX. Fundada polo conde de Aurillac, vinculado á orde Beneditina, despois do descubrimento da tumba do apóstolo Santiago, en Compostela, en tempos do rei Alfonso II, e de Carlomagno, para contrarrestar a influencia dos seguidores de Alah. É o monumento máis antigo da ruta xacobea. E creouse para dar acougo e orientación aos peregrinos e potenciar o Camiño de Santiago.

A igrexa alberga unha talla románica da Virxe, do século XII, unha copia dun Cristo do século XV (o orixinal foi levado ao museo de escultura de Valladolid), a pía de cristianar, para o bautismo por inmersión. E, sobre todo, as reliquias do milagre do Santo Grial, co cáliz e a patena (que hoxe forman parte do escudo de Galicia) e os relicarios, agasallo dos reis Católicos, que conteñen restos do corpo e o sangue de Cristo, procedentes do milagre que se produciu cando aquel cura incrédulo oficiaba misa só para un humilde parroquiano devoto. Tamén se atopa, á esquerda do altar, a tumba de Luís Valiña, o cura do Cebreiro, gran impulsor desta igrexa e de todo o Camiño de Santiago. É o creador das ben coñecidas frechas amarelas para a sinalización da ruta xacobea. Felipe, o noso profesor, traballou aquí, nalgún momento, na restauración da igrexa co seu profesor, o arqueólogo Chamoso Lamas.

Ademais da igrexa de Santa María, visitamos dúas pallozas, restos actuais da arquitectura prerromana da zona dos Ancares. Algunha delas estivo habitada ata os anos sesenta e, actualmente, atópase bastante modificada con respecto ao seu estado orixinal. Eran construcións circulares, de pedra e muros anchos, cubertas de palla de centeo, moi similares ás dos outros países celtas, como Irlanda, a Bretaña, etc. Dentro, convivían persoas, animais, apeiros de labranza, menaxe de cociña, etc. Moi interesantes os escanos arredor da lareira, o burro e a gramalleira para colgar o pote. O canizo para curar as castañas, os secadeiros para a carne e os queixos, etc. Todo ben curado e conservado polo fume.

Xa de volta, seguimos disfrutando da fermosa paisaxe destas terras do Cebreiro; pois, a pesar da chuvia, a néboa levantouse nalgún momento para darnos unha tregua. Como sempre, foi esta unha viaxe moi interesante".


Crónica de un alumno de la Uned Sénior A Coruña
Aula  de Xestoso