Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 20 de enero de 2014

Conferencia "Donación y transplante de órganos. Prevención de enfermedades."



El próximo 6 de febrero, los alumnos sénior de la UNED A Coruña, asistirán a la conferencia "Donación y transplante de órganos. Prevención de enfermedades", a cargo de la Asociación Gallega de Transplantes Airiños.

El objetivo de esta actividad es concienciar a la sociedad sobre la necesidad y los beneficios de ser donantes de órganos, ya que cualquiera, en cualquier momento de su vida, puede verse necesitado de pasar por el trance de un trasplante.





España, líder mundial en transplantes, promueve a través de las principales asociaciones y organismos representados a nivel nacional y regional,  una práctica que salva numerosas vidas. No hay que olvidar que un solo donante puede salvar hasta siete vidas. Es por esto la necesidad de divulgar y concienciar de la necesidad de donar así como de crear hábitos de prevención.




jueves, 16 de enero de 2014

Visita al Centro de Interpretación del río Mandeo


El martes 14 de enero los sénior tuvieron la oportunidad de conocer el Centro de formación e interpretación de valores culturales y etnográficos del río Mandeo. Este Centro, proyecto del Estudio coruñés Barge Bouza Arquitectura, emulsiona perfectamente con el paisaje, por su natural aspecto, constituyendo así un elemento más del entorno, motivo por el cual ha sido premiado.

Durante la visita el alcalde del ayuntamiento de Curtis, quiso dar la bienvenida a nuestros alumnos sénior, convocando su propósito de crear una aula para un futuro muy próximo.








Crónica de la visita de Lourdes Pérez, alumna de la UNED Sénior A Coruña, del Ayuntamiento de Paderne:

"Hoxe, día 14 de xaneiro, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso profesor D. Felipe Senén López, e polo noso coordinador D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, visitamos o Centro de Interpretación do río Mandeo, que se atopa no concello de Curtis.

Este Centro forma parte do Proxecto Mandeo, impulsado pola Deputación da Coruña, os diferentes concellos (especialmente o de Curtis) por onde transcorre o río, e tamén con fondos FEDER da Comunidade Europea. A súa finalidade é favorecer o desenvolvemento de todas as vilas e aldeas que se atopan á beira da conca do río e do seu ecosistema.

Esta  zona de Curtis xa tivo moita importancia na antigüidade, pois a xente prefería vivir no interior para protexerse dos ataques dos corsarios e outras invasións, que arrasaban as costas. 
 
A historia desta parte do territorio xa ven da época romana, pois en Curtis existiu o campamento romano da Cidadela, "Cors Prima Celtiverorum", cuns cincocentos mercenarios, procedentes do norte de África e tamén soldados celtas que traballaban para os romanos. Era esta unha avanzadilla importante. Despois do ano 300, trasladáronse a Cantabria. Aínda hoxe se conservan no lugar restos da arquitectura desta Cidadela.

No século XII, Alfonso VII trae frades que fundan o mosteiro de Sobrado. Foi este un aspecto moi importante na humanización e progreso cultural desta zona.

Hai cinco ou seis anos, nace este Centro de Interpretación medioambiental e cultural do río Mandeo, impulsado, como xa dixemos, polo Concello de Curtis, a Deputación da Coruña e con fondos FEDER. Foi deseñado por tres arquitectos moi xoves, o estudo Barge-Bouza. 
É un edificio moi novedoso. Está situado nunha braña e quere integrarse no medio. Está formado por catro partes, que semellan palleiros. Mesmo a protección de madeira lateral nos recorda estas construcións anexas ás casas labregas. É un concepto de arquitectura que rompe con todo. Os peldaños das escaleiras introducidos na propia parede; o cristal, o cemento; o choque entre ángulos rectos e liñas curvas, etc...

O edificio contén un salón de actos, unha zona de exposición interactiva, laboratorio, comedor, cociña e dormitorios, con literas, para unhas vinte e cinco persoas. É estupendo para campamentos de verán sobre medio ambiente ou outras actividades semellantes, sempre con xente nova. O  importante é que se lle dea un bo uso, pois, se non, sería unha gran perda de diñeiro e tempo.

A visita estivo enriquecida pola presenza do Sr. Alcalde de Curtis, quen nos deu a benvida e nos agradeceu a nosa presencia, explicándonos diferentes aspectos e singularidades deste concello. O noso coordinador, D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, aproveitou para manifestarlle a necesidade de que se crease algunha aula da Uned Senior en Curtis, como un factor máis de promoción cultural e de desenvolvemento desta área. O Sr. Alcalde acolleu moi positivamente esta petición e respondeu que a tería en conta nos seus proxectos inmediatos.

Como de costume, foi unha visita moi interesante."

Agenda de actividades enero y febrero de 2014



Domingo, 19 de Enero 

  • 1ª Reunión del Consejo de Ancianos UNED Sénior
  • Lugar: Momán
  • Actividad con miembros de la nueva plataforma “Serra da Loba” y el concienciar a los mayores en el uso de Internet y la Protección de Datos

Domingo, 29 de Enero 

  • Festival Encuentro- Día de la no Violencia. La no violencia en la familia, en la escuela en nuestras parroquias etc...
  • Lugar: Paderne
  • Hora: desde las 13:00 a las 17.30 horas 
  • Se celebrarán distintos actos y comunicados

Jueves, 6 de Febrero

  • Conferencia sobre Transplantes y Cáncer
  • Lugar: por determinar
  • Hora: de 17.30 a 19:00 horas

Semana del 10 al 15 de Febrero 

  • Semana sin clases
  • Posible celebración del acto fin del 1º cuatrimestre y comienzo del 2º cuatrimestre
  • Lugar: Monfero

Días 12, 13 y 14 de Febrero

  • Viaje a Asturias
  • Programa:
  • Día 12: Mañana comida en Pola de Siero, tarde visita a Oviedo
  • Día 13: Mañana visitas a Cangas de Onís y Covadonga respectivamente, tarde visita a Villaviciosa y posterior degustación de sidra en una casa típica de Bodegas
  • Día 14: Mañana visita a Gijón y tarde en Cudillero




Los sénior conocieron el Pazo de Mariñán


Situado en el municipio coruñés de Bergondo, el Pazo de Mariñán es una construcción del siglo XVIII, que atesora un jardín de estilo francés. 

En la actualidad es propiedad de la Diputación de A Coruña, cuyo uso lo destina a fines meramente sociales. Es habitual como centro formativo donde se imparten cursos, destino de actos institucionales así como las visitas diarias a las zonas habilitadas como Museo.





Alumnos Sénior durante la visita



Durante el recorrido por los exteriores del Pazo

Crónica de la visita vista por uno de los alumnos sénior:

"Día 7 de xaneiro, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, despois do descanso de Nadal, iniciamos as clases de Historia de Galicia, cunha visita aos xardíns do pazo de Mariñán. Acompañados polo noso profesor D. Felipe Senén López, e o noso coordinador D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, demos un paseo polos exteriores do pazo.

O noso profesor dounos unha ampla e clara explicación sobre as orixes, propietarios e usos deste pazo a través da historia. A súa orixe remóntase xa á Idade Media (mesmo podería haber restos romanos debaixo), onde existiu unha fortaleza defensiva, pertencente a algún señor das Mariñas. No século XVIII, construiuse o pazo, que foi ampliado nos anos setenta pola Deputación da Coruña, a actual propietaria. A parte nova é a zona de aloxamento. Hoxendía, o Pazo de Mariñán utilízase como centro de cursos, para actos institucionais e como museo do propio pazo.

O último propietario foi D. Gerardo Bermúdez de Castro, Señor de Láncara e de Mariñán. 
 
Os fidalgos regresaban das cruzadas e construían pazos, como lugares de descanxo e lecer. Varios escritores, entre eles, Dona Emilia Pardo Bazán, Valle-Inclán, Torrente Ballester, etc., tratan o tema dos pazos nas súas novelas. Os pazos construianse en lugares fértiles e abrigados. 
 
O de Mariñán atópase nunha zona privilexiada, á beira da Ría de Betanzos. Está situado en terrazas, unha para a horta, outra para o pazo, outra para o xardín, e, por último, o muro. Atópase  nunha zona fértil, e cunha ría rica en marisco, peixe, xuncos, aves migratorias. Todo isto, naquel tempo, era unha auténtica fonte de riqueza. A parte do bosque tamén aportaba beneficios ao pazo.

Os xardíns son de tipo francés, cuns marabillosos parterres de buxo, con símbolos propios da arte popular, e tamén eucaliptos centenarios, camelios, teixos, magnolios, etc. Logo, unha campa de romaría, que, no seu momento, sería unha zona de cultivo, chea de árbores froiteiras. A escalinata do xardín, de pedra, de tipo barroco. Na súa construción participan grandes mestres da arquitectura. Posúe unhas esculturas que parece ser que tiñan relación con outras gregas e romanas.

Despois dun interesantísimo e ameno paseo, finalizamos o percorrido no posto de observación ornitolóxica, onde, a simple vista, puidemos contemplar varias aves, entre elas, patos e gansos.

Finalmente, vimos o cruceiro que foi instalado no ano 2010, por iniciativa, entre outros, do noso profesor D. Felipe Senén López. A obra é un fermoso exemplar, cunha figura do Descendemento e tamén de S. Roque, patrón do pazo ; é moi similar a outro que hai indo para Noia.
 
Como sempre, rematamos a visita moi satisfeitos."

¡Vota por la UNED Sénior A Coruña!



El público tendrá un gran protagonismo en la elección de los proyectos presentados a la I Edición de los Premios Afiprodel Galicia, Asociación Finisterrae de profesionales del desarrollo local de Galicia.  La UNED Sénior de A Coruña participa con el novedoso proyecto cultural dinamizador del rural.

Esta Asociación promueve estos premios con el objetivo de difundir y dar a conocer, los trabajos de desarrollo humano local en los municipios gallegos con menos de 20.000 habitantes y que tuviera como colaborador, a un profesional de desarrollo local.



Es un premio a las buenas prácticas de proyectos modestos pero inspiradores, que puedan ser el motor de distintos colectivos, bien por su impacto positivo, por la implicación de la ciudadanía, por colaboraciónes o alianzas, por lo novedoso del proyecto, etc... En definita por una puesta en valor del territorio y sus gentes con la mejora demostrada de la experiencia durante el proceso o gracias a él.


Las votaciones están abiertas a cualquier persona hasta el 19 de enero y será ganador, el proyecto más votado.

¡Vota por la UNED Sénior como dinamizadora del rural!. http://premios.afiprodel.org/